Os encoros galegos seguen perdendo caudal

Os encoros galegos perden na última semana un total de 29 hectómetros cúbicos e atópanse ao 70,9% da súa capacidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A través dos datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica recollidos por Europa Press, a reserva hidráulica total en Galicia sitúase en 2.636 hectómetros cúbicos fronte aos 2.657 da pasada semana.

Pola súa banda, en canto á conca Miño-Sil rexistrouse un descenso de 0,3 puntos na última semana, do 70,2% ao 69,9%. Así, acolle un total de 2.117 hectómetros cúbicos, 13 menos que o mesmo período o ano anterior.

En relación coa conca Galicia Costa, aumentou o seu caudal de 501 hectómetros cúbicos fronte ao mesmo período do pasado ano, a 519. No entanto, en relación aos datos relativos á pasada semana, descende en 1,4 puntos, de 77,3% ao 75,9% --de 529 hectómetros cúbicos a 519--.

TOTAL ESPAÑA

En total, a reserva hidráulica española atópase ao 46,7% da súa capacidade total e os encoros almacenan actualmente 26.235 hectómetros cúbicos de auga, diminuíndo na última semana en 789 hectómetros.

As precipitacións afectaron en maior medida á vertente Atlántica e foron escasas na Mediterránea. A máxima produciuse en Barcelona con 27,6 litros por metro cadrado.

Encoro De Beche. EUROPA PRESS/REMITIDO - Arquivo / Europa Press
Encoro De Beche. EUROPA PRESS/REMITIDO - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta