O Concello da Coruña estuda alternativas "non tóxicas" para eliminar as malas herbas en rúas da cidade

En relación a un comunicado por parte da Marea Atlántica, afirma que non se está utilizando glifosato.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/08/2019 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña estuda alternativas "non tóxicas" para eliminar as malas herbas en rúas da cidade, segundo sinala en resposta ás peticións para que se evite este tipo de produtos. Nun comunicado, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, afirma que se están estudando "novas medidas" ante as queixas dos veciños sobre a existencia desta problemática.

No entanto, en alusión a un comunicado remitido a este respecto por Marea Atlántica, afirma que non se está utilizando glifosato "nin ningún outro produto tóxico para eliminar as herbas das beirarrúas e vías da cidade". Tamén precisa que o sistema empregado actualmente, baseado no uso do vinagre, non garante "a erradicación destas herbas" polo que se descartou o seu uso ao entendelo "ineficaz". Por iso, afirma están a estudarse outras alternativas "non tóxicas".

Presenza de malas herbas en rúas da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA
Presenza de malas herbas en rúas da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta