Temas: POBREZA

A convocatoria de axudas para entidades locais para programas de emerxencia e inclusión social abre este xoves

O obxectivo desta medida é financiar as accións a través das que se adquira formación básica ou laboral adaptada aos destinatarios, actuacións de mediación intercultural ou de carácter residencial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2019 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

A nova convocatoria de axudas para programas de emerxencia e inclusión social en entidades locais abrirá este xoves e contará cunha partida de 5,5 millóns de euros a repartir entre aqueles proxectos que se dediquen á formación, mediación e educación no ámbito social.

Ademais, esta orde vén acompañada de dúas novidades. A primeira consiste en incluír un programa específico para atender ás persoas sen fogar e a segunda pasa pola ampliación do período para levar a cabo as diferentes actuacións de 16 a 20 meses, para que as entidades consigan "máis seguridade e continuidade", segundo explicou a Xunta este mércores nun comunicado.

O obxectivo desta medida é financiar as accións a través das que se adquira formación básica ou laboral adaptada aos destinatarios, actuacións de mediación intercultural ou de carácter residencial, así como programas de educación e apoio familiar e obras de mellora nos centros de inclusión e emerxencia social.

Para todo iso, a liña de axudas destinará 1,7 millóns de euros á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión; 1,6 millóns a programas de educación e apoio familiar para a inclusión de menores; 811 mil euros para a inserción da comunidade xitana e dirixirase a mesma cantidade ás persoas sen fogar. Igualmente, 661 mil euros foron asignados para levar a cabo programas de inclusión da poboación inmigrante.

Campaña de Amnistia Internacional contra a pobreza
Campaña de Amnistia Internacional contra a pobreza | Fonte: AI

Temas: POBREZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta