Alemaña asume as cotizacións dos emigrantes retornados en situación de dependencia

Tamén custeará o dereito a ter un cuidador desas persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

Os emigrantes retornados de Alemaña en situación de dependencia recibirán prestacións económicas procedentes do país de orixe, ademais de ter dereito a un coidador, ben da contorna familiar, ben de confianza. Diso informou o PSdeG a través dun comunicado no que informou da xira do secretario provincial de emigración do partido, Luís Gulin, por territorio xermano durante o mes de agosto.

Así, Gulin reuniuse este mércores coa aseguradora AOK en Hannover para tratar o seguro de dependencia alemán, posto que os emigrantes retornados tan "só reciben a pensión dese país".

Deste xeito, a aseguradora xermana comprometeuse a asumir as cotizacións á seguridade social ademais das prestacións á persoa coidadora. En concreto, teñen que ser un mínimo de 15 horas semanais e "non pode existir ningunha contratación laboral por medio". "Tamén será aplicable se a persoa designada traballase a maiores a tempo parcial", comentou.

Así mesmo, tal e como informou o secretario provincial de emigración dos socialistas, estas prestacións están "exentas" de tributar en Alemaña. Por iso, Gulin comprometeuse a "verificar" estas informacións coa Axencia Tributaria española.

Parella de persoas de xubiladas
Parella de persoas de xubiladas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta