O curso escolar 2019-2020 comezará o día 11 en Galicia

En Navarra será o 4 de setembro e o día 6 na Rioxa e Murcia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 22/08/2019 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O curso escolar 2019-2020 comezará no estado o mércores 4 de setembro naqueles centros da Comunidade Foral de Navarra que o desexen, xa que teñen a posibilidade de elixir a data da volta ao cole entre o 4 e 6 de setembro. Este día volverán soar os timbres na Rioxa e Murcia, mentres que en Galicia o inicio terá lugar o día 11.

Por contra, os escolares de Cataluña e Estremadura prolongarán as vacacións ata o xoves 12 de setembro, sendo as comunidades autónomas co inicio de curso máis tardío nos ciclos de Infantil e Primaria.

Tras Navarra, A Rioxa e Murcia (onde o comezo do curso pode postergarse ata o 10 de setembro, dependendo do municipio), o luns 9 de setembro comeza o curso na maioría das comunidades autónomas: Canarias, Cantabria, Castela A-Mancha, Castela e León, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana e País Vasco.

O martes 10 de setembro volven a clase os estudantes de Andalucía, Aragón, Asturias, Ceuta e Melilla, mentres o mércores 11 será a quenda dos escolares de Baleares e Galicia.

Ademais, as vacacións de Nadal e Semana Santa non son idénticas en todas as comunidades autónomas. As de Nadal comezan o 21 de decembro en case toda España, excepto en Murcia, que arrincan o día 23, e País Vasco, onde comezan o 24 de decembro, día de Noiteboa.

Os escolares vascos, ademais de ser os últimos en descansar por Nadal, son os primeiros en regresar ás aulas despois de Reis, o 7 de xaneiro, como en Andalucía, Aragón, Murcia e Comunidade Valenciana. O 8 de xaneiro terminan as vacacións no resto de comunidades autónomas, agás na madrileña, que o fan o día 9.

Navarra será a primeira comunidade en comezar o curso escolar 2019-2020 o mércores 4 de setembro.. EUROPA PRESS - Arquivo
Navarra será a primeira comunidade en comezar o curso escolar 2019-2020 o mércores 4 de setembro.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta