Unións Agrarias reclama á Xunta que "asuma as súas competencias" sen delegar os danos do xabaril nos tecores

Desde o sindicato apuntan que a tendencia "vai a peor" xa que os xabarís están a entrar nas cidades e nos espazos naturais protexidos, o que provoca "desequilibrios ecolóxicos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) instou á Xunta a que "asuma as súas competencias" e non delegue nos tecores e gandeiros o control dos danos do xabaril, que, apuntaron, ascenden a "15 millóns de euros o último ano".

O responsable de Desenvolvemento Rural de UU.AA., Jacobo Feijoo, e o responsable externo, Félix Porto, compareceron este xoves e pediron á Consellería de Medio Ambiente que "reflexione" e forme "un novo marco de relacións".

Desta maneira, explicaron que se producen ata "tres accidentes diarios de tráfico" e que "catro persoas" resultaron feridas graves polo xabaril no último ano, ademais de que estes animais significan un "risco moi serio" da "chegada da peste porcina africana".

A plataforma asegurou que a tendencia "vai a peor" xa que os xabarís están a entrar nas cidades e nos espazos naturais protexidos, o que provoca "desequilibrios ecolóxicos", e ademais, agrávase con "a falta de substitución xeracional" dos cazadores.

SOLUCIÓNS

Entre as posibles solucións a este problema, Feijoo sinalou "un censo da poboación" do xabaril, a "caza preventiva" e "o uso da tecnoloxía". Tamén, apuntou que Medio Ambiente non puxo en marcha "o fondo de corresponsabilidade de danos" datado de 2013.

Así mesmo realizaron un chamamento á colaboración dos cazadores para que non apracen a tempada de caza, xa que a colleita de millo aínda está sen recoller, e anunciaron unha Iniciativa Lexislativa Popular para "adaptar a lei á realidade".

Dous xabaríns camiñan por unha rúa de Lalín
Dous xabaríns camiñan por unha rúa de Lalín | Fonte: FB Rafa Cuíña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta