A asistencia xurídica gratuíta recibiu máis de cinco millóns de euros o primeiro semestre do ano

Teñen dereito á asistencia xurídica gratuíta os cidadáns españois, dos Estados membros da Unión Europea e outros estranxeiros que residan legalmente en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Xunta destinou no primeiro semestre do ano máis de 5,1 millóns de euros a financiar a asistencia xurídica das persoas que acreditaron insuficiencia de recursos. Con esta medida, o Goberno galego garante o dereito fundamental de acceso á xustiza de toda a cidadanía. En concreto, a Comisión de Asistencia Xurídica de Galicia estimou preto de 22.000 solicitudes de asistencia gratuíta no seis primeiros meses do ano.

Segundo informou a Xunta, a maioría delas, algo máis 13.400, correspondíanse coa xurisdición penal; seguida da xurisdición civil, con 6.490 solicitudes estimadas. A continuación, aínda que con bastante diferenza, situáronse a xurisdición social (943), menores (634), a contencioso-administrativa (466) e a militar (4). Para atender estas solicitudes, a Xunta destinou nos primeiros meses do ano algo máis de 5,1 millóns de euros.

Teñen dereito á asistencia xurídica gratuíta os cidadáns españois, dos Estados membros da Unión Europea e outros estranxeiros que residan legalmente en España, cando acrediten insuficiencia de recursos para litigar.

A Administración autonómica introduciu nos últimos anos melloras na xestión deste servizo, o que converteu a Galicia nunha comunidade "que paga pronto e puntualmente as certificacións remitidas polos colexios profesionais de avogados e procuradores", destacou a Xunta. Entre elas, o Goberno galego destacou a introdución de novas tecnoloxías para axilizar o pago das certificacións e a mellora da colaboración a nivel orzamentario.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta