González Formoso pide modificacións para canalizar a débeda municipal de Miño

O presidente da Deputación da Coruña, admitiu que a situación de Miño non é fácil, entre outras cuestións, por "as restricións de Facenda", dixo sobre a normativa aprobada durante o goberno do PP.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/08/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, instou ao Ministerio de Facenda a levar a cabo as correspondentes modificacións normativas para que, desde unha institución como o organismo provincial,se poda axudar a paliar a débeda do Concello de Miño.

Cun endebedamento de 15 millóns de euros, e outros sete millóns de xuros, --unha situación que o novo goberno socialista vincula coa xestión do anterior equipo--, o alcalde de Miño, o tamén socialista Manuel Vázquez Faraldo, asegurou que están a traballar para "canalizar" a situación. Están a facelo, segundo explicou, con contactos coa Deputación da Coruña, a Xunta e o Ministerio de Facenda.

Sobre a situación deste Concello, González Formoso admitiu que non é fácil, entre outras cuestións, por "as restricións de Facenda", dixo sobre a normativa aprobada durante o goberno do PP.

REUNIÓNS

Unhas restricións que, segundo lembrou, afectan as entidades locais " e á propia Deputación para axudar ao concello", engadiu sobre o de Miño, co que técnicos provinciais mantiveron diversas reunións. Delas, dixo que foron para buscar solucións de cara a que a institución provincial poida servir "de apoio financeiro".

Con todo, insistiu en que quen pode facer as modificacións normativas necesarias "é o Ministerio de Facenda", asegurou Formoso, quen destacou a "colaboración" da Xunta neste asunto.

Pola súa banda, o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, agradeceu o apoio "desde o minuto cero" da Deputación da Coruña. Por outra banda, aproveitou a presenza do presidente provincial para solicitarlle que os 60.000 euros que aforrarán na licitación do cambio de céspede do campo de fútbol, segundo cifrou, queden en Miño a través doutros investimentos.

Valentín González Formoso -- ARQUIVO --. TORRECILLA - Arquivo
Valentín González Formoso -- ARQUIVO --. TORRECILLA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta