A Deputación de Pontevedra promove en localidades, festas e praias a loita contra os plásticos

Carmela Silva, fixou como liñas transversais prioritarias para este mandato a Igualdade e a Transición Ecolóxica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A Praza de España da cidade de Pontevedra recibiu este xoves a carpa da campaña ambiental 'Experiencias Sustentables', que a Deputación de Pontevedra está a promover este ano por vilas, festas, festivais musicais e praias para concienciar sobre a contaminación polo uso dos plásticos e as consecuencias tanto no medio ambiente como na saúde.

Os deputados Carlos López Font e Laura Igrexas, xunto ao tenente de alcalde pontevedrés, Agustín Fernández, e as concelleiras Gloria Branco e Pomba Castro, foron os encargados de presentar esta iniciativa que está a ter unha gran acollida en todos os puntos da provincia que xa visitou.

Ao longo da mañá deste xoves o persoal que está á fronte desta carpa repartiu entre a cidadanía dípticos informativos, adhesivos, bolsas de tea, vasos, imáns para a neveira, cinceiros ecolóxicos e outros produtos da campaña. Segundo os datos achegados por López Font, esta iniciativa distribuíu nos distintos puntos polos que foi pasando uns 50.000 vasos biodegradables, elaborados con fécula de millo e pataca, a carpa de 'Experiencias'.

Carlos López Font sinalou que a Deputación está en liña coa Axenda 2030 da ONU, na que se aprobaron os Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable (ODS), entre os que figura a Acción polo Clima. Lembrou, ademá,s que a presidenta provincial, Carmela Silva, fixou como liñas transversais prioritarias para este mandato a Igualdade e a Transición Ecolóxica.

Plásticos ciscados nun punto de recollida oficial en Abadín
Plásticos ciscados nun punto de recollida oficial en Abadín | Fonte: PSdG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta