Galicia competirá nas olimpiadas de FP de Rusia defendendo a súa tradición en pan e ebanistería

Dous alumnos galegos compiten nas olimpíadas de Formación Profesional, WorldSkills 2019, en Rusia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Dous alumnos galegos compiten desde este venres nas olimpíadas mundiais de Formación Profesional, WorldSkills 2019, que se celebran desde o 22 ata o 27 de agosto en Kazán (Rusia).

Os participantes son Yamila Sidati Novo, en representación do CIFP Paseo das Pontes, e Brais Mosquera Fuentes, do CIFP Someso, que gañaron a medalla de ouro no campionato SpainSkills 2019 nas especialidades de Panadaría e Ebanistería, respectivamente.

Yamilda Sidati, acompañada da súa titora, enfrontarase aos representantes doutros 18 países na especialidade de Panadaría. Brais Mosquera, que tamén viaxa acompañado do seu titor, participará en Ebanistería contra mozos de 29 países distintos.

A Xunta de Galicia indica nunha nota de prensa que ambos os alumnos contan co respaldo da Consellería de Educación durante a súa participación nas WorldSkills 2019, na que participan máis de 1.300 competidores de 63 países distintos, en 56 'skills' ou especialidades.

Homenaxe ao Pan de Cea na festa de exaltación celebrada este domingo en San Cristovo de Cea.. XUNTA DE GALICIA
Homenaxe ao Pan de Cea na festa de exaltación celebrada este domingo en San Cristovo de Cea.. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta