Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 12:20
A Xunta convocou a edición XXII do premio Manuel Colmeiro, dotado con 3.500 euros e que ten por obxectivo "fomentar e distinguir" traballos de estudo e investigación sobre administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector.
Diso informou a Administración autonómica nun comunicado, onde sinalou que a convocatoria estará aberta a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade ou Estado membro da Unión Europea. Ademais, os traballos poderán ter calquera perspectiva, ben sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.
Así mesmo, o evento premiará traballos "orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade". "Non se considerarán inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos a disposición do público por medios telemáticos", indicou o Goberno galego.
Conforme a isto, o prazo de presentación, tanto da solicitude como dos traballos, ten como data límite o 15 de outubro e ambos deben ser presentados "obrigatoriamente" por medios electrónicos na sede do Goberno autonómico.
PREMIO 2017
Pola súa banda, a Escola Galega de Administración Pública acaba de pór á venda o traballo premiado na XX edición, un estudo de investigación sobre a Galicia do Antigo Réxime. Así, a través de Libraríaa Institucional, a Xunta difunde a obra do autor premiado, Rodrigo Pousa Diéguez, 'A administración local en tres señoríos do Antigo Réxime: Corcubión, Muros e Noia'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.