Unha ciclista resulta ferida tras ser atropelada por un camión en Narón

Efectivos do 061 acudiron ao lugar do suceso e trasladaron á ferida, consciente en todo momento, ao servizo de urxencia do Hospital Arquitecto Marcide.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Unha ciclista, F.C., de 38 anos, resultou ferida na mañá deste venres, 23 de agosto, sobre as 10,20 horas, tras ser alcanzada por un camión na estrada AC-566, á altura do lugar de Nelle, na parroquia de Castro, no municipio de Narón.

O accidente produciuse cando o camión de obra viraba facía unha pista secundaria e non se decatou da presenza da ciclista, momento no que a alcanzou e a muller acabou no chan. Ao lugar do suceso acudiron efectivos do 061 que trasladaron á ferida, consciente en todo momento, ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide, ademais de axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha ciclista resulta ferida tras ser alcanzada por un camión en Narón (A Coruña).
Unha ciclista resulta ferida tras ser alcanzada por un camión en Narón (A Coruña). | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta