Unha vintena de centros súmanse o próximo curso ao programa 'Educación Responsable' da Xunta

Centros de educación infantil e primaria, secundaria e educación especial de toda Galicia sumaranse a partir do próximo curso ao programa de desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Un total de 18 centros de educación infantil e primaria, secundaria e educación especial de toda Galicia sumaranse a partir do próximo curso á iniciativa 'Educación Responsable', segundo informa a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Trátase dun programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade que a Consellería de Educación realiza en colaboración coa Fundación Botín.

A iniciativa é para tres cursos co obxectivo de que os centros e os seus docentes desenvolvan o programa formando parte da rede de centros de educación responsable de Galicia, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte tanto da Consellería como da Fundación.

O obxectivo é promover o desenvolvemento saudable do alumnado, a partir do traballo co profesorado, cos propios alumnos e coas familias. No ano académico 2019/2020, participarán neste programa un total de 52 centros de toda Galicia.

Nenos nunha escola
Nenos nunha escola | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta