Pontevedra recrea os anos 20 coa celebración da cuarta edición de 'Ponte Coqueta'

A concelleira de Festas, Carme da Silva, e o promotor desta iniciativa cultural, Marcelo Dobode, presentaron 'Ponte Coqueta 2019' nun acto no que animaron a todos os veciños a "sacar a revolución que levan dentro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A cuarta edición de 'Ponche Coqueta' en Pontevedra estará dedicada á muller e ao cabaret dos anos 20 aos 50. As actividades comezarán o vindeiro luns 26 de agosto e prolongaranse ata o domingo 1 de setembro. A concelleira de Festas, Carme da Silva, e o promotor desta iniciativa cultural, Marcelo Dobode, presentaron 'Ponte Coqueta 2019' nun acto no que animaron a todos os veciños a "sacar a revolución que levan dentro".

A programación arrinca o luns 26 de agosto no Casino Mercantil coa conferencia 'A muller e o cabaré da Galiza', que impartirá Iria Piñeiro e na que falará da importancia da muller na música galega. Será a partir das 20,00 horas. O mércores 28 haberá un taller infantil de cabaret no Mercantil a partir das 18,00 horas. A actividade repetirase ao día seguinte no mesmo sitio e á mesma hora.

Para os maiores tamén haberá talleres na Casa Azul tanto de iniciación como avanzados. Por unha banda, o xoves serán os talleres de cabaret e o venres de baile lindy hop. Poderán apuntarse todas as persoas que queiran iniciarse nos bailes e ás 20,00 horas aqueles que queiran perfeccionalo. Para este último taller será necesario acudir con parella.

O venres ás 22,30 horas poderá verse o espectáculo de cabaret ao aire libre. Celebrarase na Praza de Curros Enríquez e os seus organizadores prometen que estará "cheo de sorpresas", explicou Marcelo Dobode. Faranse bailes na rúa da man de Iria Piñeiro e Marinita Quellas, entre outras.

FIN DE SEMANA

O sábado empezarase cedo con outro taller de iniciación, esta vez ao lindy hop. Será no Mercantil e empezará ás 9,00 horas o de iniciación e ás 11,00 o avanzado. Ás 12,00 terá lugar a mostra de swing, lindy hop e charlestón nas prazas da Ferrería, Peregrina e Curros Enríquez.

As actividades do sábado realizaranse na Praza de Curros Enríquez. Ás 13,00 horas está fixada a Sesión vermú cun concerto do grupo Comando Foucellas; ás 17,00, un taller infantil de cabaret onde se incluirá a presentación do espectáculo que preparen.

E ás 18,00 horas haberá unha clase aberta de Swing que "sempre se abarrota", e, como colofón para esta actividade, celebrarase o Baile Coqueto cos concertos de Áureas e de Sar Swing Quartet, que encherán a praza de música swing que "fará bailar a todo o mundo que se achegue".

Carme da Silva, concelleira en Pontevedra
Carme da Silva, concelleira en Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta