Atopan flotando o corpo sen vida dun home nun peirao da Illa de Arousa

Os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2019 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida dun home que apareceu flotando no peirao de O Xufre, no municipio pontevedrés de Illa de Arousa, na noite do pasado sábado.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o cadáver foi achado pasadas as 20,00 horas á beira dunha embarcación. Por este motivo, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou os efectivos de Salvamento Marítimo, pero apenas foron necesarios os seus recursos.

Finalmente foi a Policía Local quen accedeu ao corpo desde terra e o sacou da auga. Os mesmos axentes, en colaboración da Garda Civil, están a encargarse de aclarar as causas da morte que polo momento se descoñecen. Do mesmo xeito, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, que xa nada puideron facer por salvar a vida do home.

Illa de Arousa.
Illa de Arousa. | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta