O BNG de Ourense insta o pleno a aprobar unha nova lei de horarios comerciais para o comercio local

Luís Seara pide á Administración estatal "a aplicación dunha tarifa eléctrica propia para Galicia"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia


O BNG presentou unha moción ao pleno do Concello de Ourense na que solicita a tramitación dunha nova lei de horarios comerciais que permita conciliar a vida familiar coa laboral e, por tanto, redunde en beneficio da situación do comercio local na cidade das Burgas.

Así o explicou o portavoz nacionalista, Luís Seara, durante a rolda de prensa celebrada este luns para abordar a situación do "comercio de proximidade", un "sector estratéxico" que en Ourense padece "unha lenta agonía".

Sen querer caer "no catastrofismo" e baseándose "nunha gran dose de realidade", o portavoz do BNG fixo un repaso por uns datos que se mostran "desalentadores" para Ourense. "O ano 2018 saldouse con máis de 170 peches de locais na nosa provincia, segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), a razón dun peche cada dous días", manifestou Luís Seara.

A Administración estatal, galega e local teñen nas súas mans a implementación de medidas para paliar esta situación, segundo declarou Luís Seara. En primeiro lugar, desde o ámbito do Estado "a través da aplicación dunha tarifa eléctrica propia para Galicia". Unha medida que, segundo explicaron, tería un impacto positivo sobre o conxunto da poboación, e singularmente sobre o comercio local.

"Non é de recibo que sendo excendentarios en produción de enerxía e despois de soportar os enormes custos ambientais xerados, paguemos a luz máis cara do Estado", incidiu Seara a este respecto.
ROLDA DE PRENSA DO BNG DE OURENSE.
ROLDA DE PRENSA DO BNG DE OURENSE. | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta