Máis de cen mozos serán contratados este ano nos estaleiros de Navantia da ría de Ferrol

Apunta que "en próximas datas procederase á publicación dos requisitos necesarios para solicitar o acceso ás probas das distintas especialidades".

Por E.P. | Ferrol | 26/08/2019 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia chegou a un acordo coa representación social para incorporar nos dous estaleiros da ría de Ferrol aos 127 primeiros novos dun total de 182 novas incorporacións previstas para este ano.

Así o asegura a compañía a través dun comunicado, onde destaca que estes novos traballadores son novos enxeñeiros e titulados de Formación Profesional (FP). Ademais, apunta que "en próximas datas procederase á publicación dos requisitos necesarios para solicitar o acceso ás probas das distintas especialidades".

Esta decisión é froito da aprobación do Plan Estratéxico 2018-2022, que foi rubricado entre a dirección da empresa e os sindicatos o 20 de decembro de 2018, que incluía a saída da empresa para todos os traballadores que alcancen os 61 anos.

Así, asegúrase a incorporación de novos operarios, co obxectivo de "asegurar a competitividade e sustentabilidade da compañía, garantindo ao mesmo tempo a existencia de empregos estables e de calidade nas zonas xeográficas nas que desenvolve a súa actividade como principal empregador industrial".

O pasado 21 de febreiro constituíuse a Comisión Central de Emprego co obxectivo de desenvolver un Plan de Emprego que permita definir os criterios e modelos de contratación, para poder afrontar as cargas de traballo e os programas que aspira a executar Navantia no marco do Plan Estratéxico.

Do seguimento da contratación encárgase, tanto a Comisión Central de Emprego, como no seu ámbito, as comisións locais de emprego dos distintos centros de traballo que son as que están a desenvolver o proceso de incorporación.

Entrada do estaleiro Navantia en Ferrol.. EUROPA PRESS - Arquivo
Entrada do estaleiro Navantia en Ferrol.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta