Facendo "Camiño" cara á sensibilización da poboación sobre as discapacidades visuais

Á súa chegada a Compostela, o grupo de persoas con problemas visuais relatou que, aínda que nun principio tiñan "moito medo" de realizar a ruta xacobea, están "encantados coa experiencia", tanto polo propio Camiño como polas "vivencias humanas" que gozaron.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Un grupo de persoas con discapacidade visual, así como os seus acompañantes, concluíron este martes o Camiño de Santiago, unha experiencia coa que se mostraron "sorprendidos" e que empregaron para sensibilizar á poboación ao redor das enfermidades da retina.

A marcha estivo organizada polo IRRP, un grupo que une a pacientes de retinose pigmentaria, e nela participaron catro persoas con incapacidade visual, catro acompañantes e o investigador Serge Picaud, director de investigación do instituto da Visión de París. Tamén os acompañaron dous invidentes e un membro do Club de Leóns de Nimes.

Durante a ruta, os participantes trataron de sensibilizar e concienciar á poboación sobre os problemas relacionados coa retina, así como realizar accións de integración destes pacientes.

Á súa chegada a Santiago foron recibidos polo concelleiro Gonzalo Muíños, que lles fixo entrega dunha lámina da cidade. No acto tamén estivo presente o concelleiro popular Alejandro Sánchez-Brunete.

En declaracións aos medios, Gonzalo Muíños asegurou que no goberno local están "encantados de recibir este tipo de iniciativas" e recoñeceu o "mérito tremendo" destes peregrinos, que demostran que o Camiño é "para todo o mundo".

O grupo trasladou ao edil que, aínda que nun principio tiñan "moito medo" de realizar a ruta xacobea, están "encantados coa experiencia", tanto polo propio Camiño como polas "vivencias humanas" que gozaron.

O concelleiro Gonzalo Muiños recibe a un grupo de peregrinos con discapacidade visual.
O concelleiro Gonzalo Muiños recibe a un grupo de peregrinos con discapacidade visual. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta