Aberto o prazo de inscrición para participar como voluntario no Festival da Luz

Os voluntarios deberán realizar un curso básico e asistir a unha reunión previa á celebración do festival. Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser necesarios, correrán ao seu cargo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia informou da apertura do prazo de inscrición para os mozos de entre 18 e 30 anos que estean interesados en participar como voluntarios no Festival da Luz, que se celebrará entre o 6 e o 8 de setembro en Boimorto (A Coruña).

Nesta ocasión, ofértanse un total de 20 prazas, que serán adxudicadas por orde de inscrición. A iniciativa enmárcase no programa SON Voluntario, da Dirección Xeral de Xuventude.

Os mozos e mozas que participen poderán acceder ao festival e recibirán un certificado de experiencias voluntarias expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.

En canto ás obrigacións, deberán realizar un curso básico de voluntariado e asistir a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestións de organización, solucionar dúbidas e recoller as identificacións. Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser necesarios, correrán ao seu cargo.

Festival da Luz
Festival da Luz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta