Ciudadanos Ourense propón elaborar un plan de mantemento e seguridade das pasarelas da cidade

O portavoz local da formación, José Araújo, referiuse en concreto á pasarela de Outariz e a outros puntos que comunican a veciñanza no día a día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O grupo municipal de Ciudadanos en Ourense realizou unha proposta ao goberno dirixido por Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana) para a elaboración dun plan de mantemento e seguridade das pasarelas da cidade.

O portavoz local da formación, José Araújo, levou esta proposición á xunta da área de Urbanismo e Infraestruturas para estudar a posibilidade de crear un prego que inclúa "todos os elementos estruturais que se asemellen a unha pasarela e que comunican lugares estratéxicos e turísticos", explicou Ciudadanos nun comunicado este mércores.

O obxectivo desta iniciativa é "garantir a seguridade e o bo estado" deste tipo de infraestruturas ao longo da cidade termal. En concreto, Araújo referiuse á pasarela de Outariz e a outros puntos que comunican aos veciños no día a día.

Ao seu xuízo, trátase de "estruturas singulares, delicadas, símbolos da cidade" que requiren un mantemento técnico "importante", en termos de pintura, iluminación e pavimento.

Pasarela de Outariz, Ourense
Pasarela de Outariz, Ourense | Fonte: wikiloc

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta