Un grupo de 14 mozos completará a súa formación en varias empresas de Irlanda, Italia e Malta

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a "importancia" desta experiencia para "ampliar os coñecementos, aprender o idioma do país de destino e mellorar as oportunidades laborais" cando regresen a Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

Un grupo de 14 mozos galegos realizará prácticas non laborais en varias entidades públicas e privadas de Irlanda, Italia e Malta para completar a súa formación, unha iniciativa que se enmarca dentro do programa Galeuropa impulsado por diversas administracións locais e a autonómica.

En concreto, serán máis dunha ducia de veciños dos concellos coruñeses de Boqueixón, Touro, Vedra e da localidade pontevedresa de Vila de Cruces os que irán a este tres países da Unión Europea para adquirir "novas competencias" durante entre dous e tres meses.

Así o explicou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que tamén destacou este mércores nun comunicado a "importancia" desta experiencia para "ampliar os coñecementos, aprender o idioma do país de destino e mellorar as oportunidades laborais" cando regresen a Galicia.

En concreto, esta iniciativa acóllese ao programa Galeuropa, que subvenciona 383 estadías no estranxeiro de mozos entre 18 e 29 anos inscritos no ficheiro nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade e que conta cunha contía global destinada a axudas de preto de dous millóns de euros para subvencións individuais, concellos e entidades.

Ademais, a Xunta sinalou que este programa se demostra "útil" para aumentar as oportunidades de emprego da xente nova, xa que segundo os datos que manexa a institución, "antes de iniciar as prácticas o 70 por cento dos participantes estaban no paro" e, ao finalizalas, "o 23 por cento" atopábase nesta situación.

Un total de 14 mozos galegos completará a súa formación en varios países da Unión  Europea. XUNTA
Un total de 14 mozos galegos completará a súa formación en varios países da Unión Europea. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta