Ana Pontón reta a Feijóo a elaborar unha "estratexia propia" que non estea marcada desde Madrid

Ao seu xuízo o Estado ten unha "débeda moito maior" con Galicia que 700 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou a "estratexia partidista e errada" que están a levar a cabo os socialistas ao "xustificar e recoñecer" que a transferencia do financiamento a conta a Galicia "non se fai" porque "queren o apoio da dereita para lograr a investidura".
Ademais, cualifica de "dantesca" a postura do PSOE, que durante o período electoral "fixo campaña contra o trifachito" e agora quere situarse "nalgunha desas patas da dereita" que anteriormente dicía que "había que temer".

Respecto deste asunto, Pontón tamén retou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "actuar autónomamente", elaborar unha "estratexia propia" que non estea marcada desde Madrid e defender "os recursos da cidadanía galega" desde a "presión política", pero tamén desde "os tribunais".

Así o expresou a líder do Bloque este xoves no concello pontevedrés do Rosal, no que denunciou que "Feijóo amague con levar ao Estado" ante os tribunais, pero que "á hora da verdade se pliegue" ás ordes de Xénova.

Neste sentido, insta á Xunta actuar para "desbloquear a situación" e a recoñecer "o gran erro do actual modelo de financiamento", no que "a chave do diñeiro está en Madrid" e non en Galicia.

UNHA DÉBEDA MAIOR

Por outra banda, manifestou que España "ten unha débeda moito maior" con Galicia que os 700 millóns de euros e o ejemplifica cos "200 millóns que debe en materia de dependencia" e os "máis de 2.000 millóns" que o Estado deixou de executar "en obras de mellora do ferrocarril".

Ana Pontón fixo estas declaracións ao fío da súa visita ao municipio do Rosal, gobernado polo grupo nacionalista, que nesta localidade aposta por "dinamizar a vida económica e cultural" desde un "proxecto transformador" que "estivo traballado cos veciños" e que é un exemplo "dos resultados espectaculares" do BNG a nivel local "en todo o Baixo Miño".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG - Arquivo
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galicia Beibe

Máis cartiños para seguir na Poltrona.