Novo plan de control para "garantir a calidade" dos viños galegos con denominación de orixe

Ten o obxectivo de "reforzar o control do cumprimento das normas durante o proceso de colleita da uva" a través dunha vintena de supervisores, segundo anuncia a Xunta.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/08/2019 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Os viños galegos que posúen a certificación de denominación de orixe xa contan cun novo plan de control para "garantir a súa calidade diferenciada" e reforzar a súa posición como "un referente de produto agroalimentario con valor engadido" en todos os niveis da súa cadea de valor.

Así o expresou o conselleiro de Medio Rural, José González, este venres en Leiro (Ourense) durante a presentación dunha iniciativa para o control da vendima aos consellos reguladores do viño galego.

A Consellería conta con proxectos para "reflectir e defender" a calidade vinícola de Galicia, pero este ano asegurou que fai "un esforzo adicional" que ten o obxectivo de "reforzar o control do cumprimento das normas durante o proceso de colleita da uva" a través dunha vintena de supervisores que se enmarcan en dentro do novo plan de control.

En concreto, técnicos de supervisión repartiranse polas distintas denominacións de orixe e vixiarán a entrada de uva nas adegas, a súa procedencia e que pertenzan aos viticultores das parcelas inscritas nos rexistros dos consellos reguladores.

Ademais, outro dos labores dos que se encargarán os traballadores inscritos neste novo plan será da vixilancia dos niveis de produción para "evitar situacións fraudulentas", segundo especificou a Xunta nun comunicado.

PREVISIÓNS

En canto ás previsións da vendima deste 2019, o conselleiro anunciou que "son boas" e fixo referencia aos 64 millóns de quilogramos de uva que se colleitaron o pasado ano. Con todo, destacou que a aposta máis importante céntrase na "calidade dos viñedos" e nas "denominacións de orixe".

Ao seu xuízo, estes atributos "caracterizan" Galicia, así como fano "as variedades autóctonas" que crecen cada ano e que sitúan aos viños galegos "a nivel mundial na mesa de calquera restaurante de calquera nivel".

SINERXÍAS

Por outra banda, González lembrou que existe unha iniciativa conxunta entre as consellerías de Medio Rural; Economía, Emprego e Industria e Cultura e Turismo que conta cun investimento de 700 mil euros para converter o viño na "punta de lanza" da promoción dos produtos de calidade agroalimentaria galega do mundo.

Este traballo en colaboración xurdiu porque a Xunta entende que o "viño é un elemento dinamizador das comarcas vitivinícolas" que ten "sinerxías co turismo, a gastronomía e outras actividades complementarias" e que "xera produtos de valor engadido que permitirán fixar a poboación no territorio".

Vendima. DO RÍAS BAIXAS
Vendima. DO RÍAS BAIXAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta