Falece a profesora Rosario Albán, nome fundamental da colectividade galega no Brasil

No 1995 fundou o actual Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas no Brasil e tamén foi a responsable da celebración do congreso Língua e imigração galegas na América Latina (Bahía, 1996). .

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/08/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A profesora María del Rosario Suárez Albán, docente xubilada do Instituto de Letras da Universidade Federal da Bahia (UFBA) e nome fundamental da colectividade galega no Brasil, vén de falecer esta semana. No 1995, foi ela quen fundou o actual Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas.

Rosario Albán
Rosario Albán | Fonte: cedida

"A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) expresa o seu fondo pesar, a familia e amizades, polo pasamento da profesora María del Rosario Suárez Albán", expresa a asociación nun comunicado. "Queremos recoñecer a súa tarefa académica e a dinamización dos estudos culturais galegos no Brasil".

No 2015 foi homenaxeada polo Universidade Federal en gratitude polos corenta anos da fundación do primeiro Centro de Estudos Galegos (1975) na Bahia. Rosario Albán foi, ademais, a responsable primeira da celebración do congreso Língua e imigração galegas na

América Latina (Bahía, 1996).

A súa dedicación ao fomento da nosa terra no Brasil foi constante a partir tanto da actividade universitaria como da colaboración con institucións da colectividade galega. Os seus

artigos e libros así o certifican.

"Finalmente, quede constancia do noso agradecemento e recoñecemento público ao traballo abnegado de Rosario Albán, un nome inmortal para a historia galega no Brasil. Desexamos que todo o seu esforzo teña continuidade polo ben da cultura e da lingua de Galicia", remata o comunicado da AIEG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta