Ana Pontón esixe que o goberno da Xunta poña "fin ás súas vacacións"

"O Goberno central está en funcións e o Goberno da Xunta de vacacións, despois dun mes sen celebrar nin un só Consello da Xunta e sen tomar ningunha decisión relevante para o futuro de Galicia", manifestou Ana Pontón

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2019 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fixo este venres unha chamada de atención ao goberno da Xunta de Galicia para que "abandone as súas vacacións e asuma as súas responsabilidades".

Así o expresou a líder nacionalista durante a súa visita a Castrelo de Miño (Ourense), na que ademais advertiu da "parálise" do Goberno galego e pediulle que se poña a traballar ou, pola contra, "dimita pola súa irresponsabilidade e incapacidade".

"O Goberno central está en funcións e o Goberno da Xunta de vacacións, despois dun mes sen celebrar nin un só Consello da Xunta e sen tomar ningunha decisión relevante para o futuro de Galicia", manifestou Ana Pontón.

Así mesmo, a portavoz nacional do BNG afirmou que "ninguén está a defender unha axenda galega en Madrid", algo que se debe, na súa opinión, á falta de peso político galego para condicionar aos partidos en Madrid.

NOVA LEI DO VIÑO

O sector vitivinícola foi un dos aspectos tratados na reunión de Ana Pontón co novo alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez, e durante o posterior encontro con representantes deste sector.

Neste contexto, Pontón anunciou que o BNG elaborará unha proposta para que Galicia conte con "unha nova lei do viño" destinada a "dimensionar e dar valor engadido á produción, con prezos xustos para os produtores de uva".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta