Gonzalo Caballero defende que as contas das autonomías terán "un aliado" cun goberno socialista en España

Caballero lembrou que o que o que fose titular de Hacienda no executivo de Rajoy, Cristóbal Montoro, "non tomou medidas para solucionar" este asunto a pesar de ser ministro de "un goberno en plenitude de funcións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu que cun goberno socialista en España as contas das autonomías "van ter un aliado" e incidiu en que o actual Executivo estatal, "en funcións e cuns orzamentos prorrogados", "non ten as condicións e a capacidade de poder actualizar as entregas a conta".

"Non hai ningunha decisión de agravio sobre a Comunidade galega, non hai nin un posible victimismo por parte de Feijóo, é o falso victimismo de quen non se quere facer responsable das súas decisións", manifestou nunha rolda de prensa ofrecida este luns xunto ao portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Na mesma xornada na que a Xunta presentou un informe da súa asesoría xurídica que asegura que "o sistema de financiamento autonómico debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que se atope ou non se atope en funcións", Caballero lembrou que o que o que fose titular de Hacienda no executivo de Rajoy, Cristóbal Montoro, "non tomou medidas para solucionar" este asunto a pesar de ser ministro de "un goberno en plenitude de funcións".

Así mesmo, lembrou que a Avogacía do Estado considera que "non se pode facer o dobre xiro de ter un goberno sen orzamentos" e actualizar as entregas a conta. "Calquera pode entender que haxa dificultades lexislativas para que un goberno poida dispor das contas públicas sen pasar polo Congreso", sinalou.

Neste sentido, acusou á Xunta de Galicia de actuar "con falsa lealdade" ante as institucións do Estado. "O Goberno de España é un goberno plenamente comprometido coas autonomías", subliñou o dirixente socialista, que asegura que o "único goberno posible que garante o modelo do Estado das autonomías" e o seu financiamento, é o do PSOE.

"Ninguén vai restar nin un euro que lle corresponda ás comunidades mentres Pedro Sánchez presida o Goberno", incidiu o líder do PSdeG, que lembrou que "o PP e os seus aliados da dereita" opuxéronse aos orzamentos xerais do presentados polo PSOE, que "permitían 7.000 millóns máis ao conxunto do financiamento autonómico".

Neste sentido, considerou que "se de aquí ao 23 de setembro aclárase o escenario" político e "hai investidura" neste mes, "as entregas a conta poderanse axilizar". "Só haberá que saltar o obstáculo de que non hai presupostos pero poderá facelo un goberno con plenitude de funcións", indicou.

Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa ofrecida este luns
Xoaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa ofrecida este luns | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta