Novas instalacións para o Centro de Acollida de Animais de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra investirá 293.627,90 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou este luns en xunta de goberno a adxudicación do contrato para remodelar as instalacións do Centro de Acollida de Animais (CAAN) de Meis por valor de 293.627,90 euros.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, informou que a empresa Prace encargarase de executar durante cinco meses o proxecto, que busca adecuar esta instalación á Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.

En concreto, as actuais abarcan a creación dunha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, a remodelación da área de corentena e hospitalización, así como a mellora do espazo de clínica.

Segundo os datos ofrecidos por Carmela Silva, a este centro chegan unha media de dous cans diarios que precisan un dez días de media para recuperarse. Por iso, considerou que "é preciso adaptar o espazo actual que permite atender a 12 animais para dar cabida a 20 cans".

Ademais, a presidenta explicou que se crearán novas zonas de corentena e recepción de animais, con "cubículos individuais confortables" que permitirán aos animais recollidos pasar un período de corentena maior, "garantindo a sanidade do centro e o benestar animal", sinalou. As obras tamén dotarán ao Centro dunha nova zona de maternidade, "máis ampla e cunhas condicións hixiénicas óptimas que favoreza, ademais, a visita do público e permita a interacción entre animais e persoas", detallou a presidenta.

Cans nunha instalacion de coidado de animais
Cans nunha instalacion de coidado de animais | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta