En Marea desaparece, definitivamente, do Parlamento

Podemos, Eu e Anova desfaranse deste nome e adoptaran unha nova denominación. Entre os que se barallan está o de Grupo Común da Esquerda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2019 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario de En Marea --onde se manteñen os deputados da confluencia de Podemos con Anova e EU, tras a escisión protagonizada por Luís Villares e os seus afíns-- prevé arrincar o curso político con novo nome e estrutura organizativa.

Os detalles concretaranos os parlamentarios Manuel Lago e Luca Chao na próxima xornada. E é que este martes se celebra a primeira Xunta de Portavoces do novo curso político.

Fontes parlamentarias ratificaron que, en principio, bastaría un escrito comunicando o cambio para que se materialice, sempre que a nova denominación non afecte o decoro da Cámara e non choque cos nomes doutros grupos.

Os deputados mantiveron este luns unha reunión para perfilar os detalles e, segundo as fontes consultadas por Europa Press, á espera de que o nome se ratifique oficialmente na próxima xornada, a designación que estaría sobre a mesa sería Grupo Común da Esquerda.

En canto á portavocía, preguntado nos corredores da Cámara, o deputado Manuel Lago, independente aínda que próximo a EU, confirmou que el seguiría como portavoz, aínda que non aclarou se compartirá protagonismo con deputados doutras sensibilidades, como outras voces internas.

O portavoz parlamentario de En Marea, Manuel Lago, e a deputada Eva Solla nunha rolda de prensa na Cámara galega
O portavoz parlamentario de En Marea, Manuel Lago, e a deputada Eva Solla nunha rolda de prensa na Cámara galega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Pitito

Para o que serviu, que deus a teña na gloria

2 Procesiones non

Procesiones Suvencionadas en Común, unha idea para Eva 8000 euros ao mes Solla

1 Caneda

Máis cobran Pontona e compañía.

1 Roxalia

Moi ben. A outra cousa. O nome váleme.

1 Bendito Chiringuito

Mentres dea para alimentar a unha élite de cargos do Partido, cos seus correspondentes asesores, o indiferente é que se chame PcE, IU, Podemos, Marea, ANOVA, Age, Común ou Kikiriki Paloma. Con todo, ollo que vén o inverno!

2 Desfeita

Aterriza Como Poidas (ACP) tamén estaría ben.

3 Casoplon con criadas galegas

Vai planchar a Galapagar