O Sergas replica ao BNG que a actividade cirúrxica subiu en verán un 6,7% na xerencia de Santiago

Os nacionalistas denunciaron que 700 persoas quedaron sen operar polo peche de camas e de quirófanos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2019 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Sergas informou de que a actividade cirúrxica subiu en xullo e agosto na xerencia de Santiago un 6,7% en comparación co mesmo período do ano anterior. Así o apuntou en resposta á portavoz municipal do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín, quen este martes denunciou que 700 persoas quedaron sen operar durante este verán polo peche de camas e de quirófanos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

O Sergas sinala que mantivo operativas preto do 95% das camas da xerencia, "unha porcentaxe superior á do ano pasado", mentres este verán a ocupación foi de apenas o 75% durante o período estival.

Así mesmo, apunta que está garantida a asistencia á poboación, así como a ocupación inmediata das camas se fose necesario. Ademais, sinala que se aproveitan estas datas para levar a cabo diversas obras de mellora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta