Seis de cada dez premios de excelencia académica son mulleres

Un total de 362 universitarios consegue estes premios no curso 2017/18.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2019 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Un total de 362 estudantes conseguiu os premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial. O publica este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a lista dos premiados que obtiveron as mellores cualificacións no curso 2017/2018 nas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao oficial, excepto o último, e que continuarán os seus estudos nas universidades galegas.

A maior parte dos premios (o 64,4%) recaeron en mulleres, polo que estas acaparan máis de seis de cada dez galardoes fronte ao 35,6% dos homes. Por universidades, o 42,31% dos premios concedidos foron para a Universiade de Santiago de Compostela (USC), o 31,04% para a Universidade de Vigo (UVigo) e o 24,65% para a Universidade da Coruña (UDC).

A Consellería de Educación indicou que estes premios son unha nova liña de axudas ao estudo co obxectivo de motivar ao alumnado universitario para mellorar o seu currículo e recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo.

"Trátase, por tanto, de estimular o aproveitamento académico dos estudantes e incentivar a excelencia co fin de seguir avanzando na construción dun Sistema Universitario Galego competitivo e de calidade", sinalou.

Universitarios
Universitarios | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta