Planas descoñece se o informe da Xunta sobre financiamento foi recibido

O ministro de Agricultura insiste en que hai "limitacións legais" para o traslado deses cartos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O ministro de Agricultura, Luís Planas, afirmou non saber "se se recibiu" o informe xurídico da Xunta que sostén que é posible que o Goberno facilite ás comunidades as entregas a conta do financiamento autonómico.

Respecto diso, a preguntas dos xornalistas este mércores na fábrica de Clun, en Ames (A Coruña), o ministro insistiu en que existen "limitacións legais" para facelo.

Por iso, dixo "esperar e desexar" que "pronto" se materialice a investidura do novo presidente do Executivo, co obxectivo de "poder porse a traballar", algo sobre o que foi "optimista".

Sobre o documento que presentaron esta semana o vicepresidente galego e o conselleiro de Facenda, indicou que descoñece o departamento ao que foi dirixido e que por tanto non pode confirmar se foi recibido.

O ministro de Agricultura, Luís Planas, no centro, na fábrica de Clun, en Ames (A Coruña)
O ministro de Agricultura, Luís Planas, no centro, na fábrica de Clun, en Ames (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta