O Grupo Común da Esquerda pide cubrir as vacantes do Sergas e transparencia con listas de persoal

A parlamentaria Eva Solla denunciou a situación de "precariedade" e "temporalidade" que sofre o persoal sanitario en Galicia "polas duras políticas de recortes impostas polo PP".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A deputada autonómica do Grupo Común da  Esquerda ( GCE) no Parlamento de Galicia, Eva  Solla, pediu este mércores que o Goberno galego cubra as prazas vacantes existentes no Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como que divulgue as cifras de traballadores activos no sistema sanitario público, de acordo coa normativa de transparencia.

A deputada de En Marea, Eva Solla.. EN MAREA
A deputada de En Marea, Eva Solla.. EN MAREA

Solla pronunciouse así nas súas intervencións deste mércores no marco da comisión de sanidade do Lexislativo galego, onde defendeu varias iniciativas que non foron aprobadas dada a negativa do grupo maioritario do PPdeG.

Así pois, a parlamentaria dos comúns denunciou a situación de "precariedade" e "temporalidade" que sofre o persoal sanitario en Galicia "polas duras políticas de recortes impostas polo PP", grupo ao que acusou de negarse a convocar as ofertas públicas de emprego necesarias e de optar por amortizar prazas do sistema.

Todo iso provocou -engadiu  Solla- unha "bóla de neve" que foi crecendo co paso do tempo ata xerar un "problema que ten unhas dimensións complexas para a súa solución". Do mesmo xeito, a deputada de  GCE defendeu que o Goberno galego proceda a realizar un estudo sobre o incremento da incidencia das enfermidades de transmisión sexual en Galicia, especialmente entre a xente nova, e que deseñe unha "campaña activa" para o uso de  profilácticos que impidan o contaxio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta