Equipos de emerxencias de Oleiros participan na busca dun veciño desaparecido

A procura céntrase en "ríos e pontes da zona" explicaron, subliñando que o operativo segue, principalmente, preto da casa do home, residente en Perillo, e tamén pola zona de Bastiagueiro.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/09/2019 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

Equipos de escalada de emerxencias de Oleiros  participan, xunto a outros efectivos, na procura do veciño de 89 anos desta localidade desaparecido o pasado sábado, segundo informaron a Europa Press desde este servizo.

A procura céntrase en "ríos e pontes da zona" explicaron, subliñando que o operativo segue, principalmente, preto da casa do home, residente en Perillo, e tamén pola zona de Bastiagueiro.

Ata a data, no operativo participan, entre outros, efectivos da Benemérita, da Policía Local e do servizo municipal de emerxencias, xunto a drones e cans de rastrexo. Tamén colaboraron familiares e amigos.

Ademais, nos últimos días incorporouse un helicóptero, que peiteou a zona por aire, así como a patrulleira do servizo marítimo, e do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (Geas), segundo precisaron desde a Benemérita.

Home de 89 anos desaparecido en Oleiros. CEDIDA
Home de 89 anos desaparecido en Oleiros. CEDIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta