Interceptan na Estrada un menor conducindo sen autorización

Tanto o condutor do vehículo como o seu propietario, foron notificados da súa condición de investigados como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/09/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A Garda Civil sorprendeu o pasado luns a un menor de 17 anos, veciño do municipio pontevedrés da Estrada, cando conducía un turismo sen ter o correspondente permiso de conducir.

O menor ía acompañado do titular do vehículo cando foi interceptado pola patrulla de Tráfico, ás 18,00 horas na estrada EP-7016, á altura do lugar de Lagartóns.

Tanto o condutor do vehículo como o seu propietario, ambos os veciños da Estrada, foron notificados da súa condición de investigados como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria.

Control da Garda Civil de Tráfico.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO - Arquivo
Control da Garda Civil de Tráfico.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta