Animalistas solicitan á Xunta que suspenda a tempada de caza como medida de prevención de incendios

Atribúen a "intereses cinexéticos ou gandeiros" parte dos lumes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera solicitou este xoves á Xunta que paralice a tempada de caza a tenor do índice de risco extremo de incendios forestais existente en Galicia.

Inferno desatado en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Inferno desatado en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Desta forma, os animalistas piden ás Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente que "nun exercicio de responsabilidade conxunta" se aplique a suspensión das batidas durante os próximos días.

Libera considera que existe unha porcentaxe de incendios "provocados por intereses cinexéticos ou gandeiros", que sumados á alerta de risco extremo "debería" activar esta iniciativa "correspondente en exclusiva" á administración autonómica.

A mesma asociación propuxo unha modificación na lei de montes e na, recentemente aprobada, lei de patrimonio natural para incrementar os prazos para que actividades económicas como a caza poidan executarse en zonas queimadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta