Botan a andar as obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ferrol

A Xunta fala xa dun novo e moderno complexo hospitalario para Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A primeira fase das obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) dará comezo durante este mes de setembro cun orzamento de 50 millóns de euros para construír dous novos edificios que aumentarán a superficie do hospital Arquitecto Marcide de 43.000 a 67.000 metros cadrados.

A autorización que dá luz verde á execución destas actuacións foi aprobada este xoves no Consello, no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou que o plan de ampliación atenderá a uns 212.000 habitantes de 20 concellos en tres hospitais diferentes cun orzamento total de 130 millóns de euros.

Nesta fase inicial construirase un edificio Sur destinado a albergar a nova central de instalacións, xerencia, dirección e administración. O bloque Este está pensado para concentrar os servizos de urxencias, farmacia, gabinetes, nefrología, hospitalización, pediatría e UCI.

No seu conxunto, estas obras aumentarán o espazo de urxencias, o número de camas nun 25 por cento, os quirófanos nun 33 por cento e as consultas externas nun 27 por cento.

Feijóo e Almuiña, no Arquitecto Marcide
Feijóo e Almuiña, no Arquitecto Marcide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta