Nova folla de ruta para a consolidación do parque arqueolóxico rupestre de Compostela

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e representantes dos concellos de Ames, Brión, Santiago, Teo, e Val do Dubra, participaron este xoves nunha nova reunión do Consello Director de Compostela Rupestre, en que se tomaron decisións con respecto aos traballos a desenvolver nos próximos meses de face a avanzar na consolidación do parque.

Na reunión, celebrada no Concello de Santiago de Compostela, incorporáronse ao proxecto representantes dos novos gobernos municipais e asumiu a presidencia rotatoria o tenente alcalde de Ames, David Santomil.

O encontro do Consello Director de Compostela Rupestre pecha o seu primeiro ano en que a presidencia, de carácter rotatorio en función da poboación dos municipios, residiu no Concello de Santiago para pasar ao de Ames.

Ademais, o grupo experimentou máis cambios na súa constitución derivados das eleccións municipais deste ano e na reunión participaron a concelleira de Santiago Mercedes Rosón, as concelleiras de Teo Maite Argibay e Iria Otero, o alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, a tenente alcalde de Brión, Yolanda Bouzas e o tenente alcalde de Ames, David Santomil. Ademais, asistiron membros do Consello Asesor e persoal técnico e de investigación.

O proxecto ten como obxectivo, entre outros, diversificar a oferta turística por medio do "importante tesouro patrimonial rupestre deste territorio" e achegar aos veciños este legado "de especial interese", así como "difundir, protexer e pór en valor os petróglifos do cinco concellos e outros elementos de gran valor", sinalou o vicepresidente e responsable das áreas de Patrimonio e Turismo, Xosé Regueira.

Na reunión presentouse a páxina web de Compostela Rupestre, que suporá unha das principais ferramentas de difusión do parque e ofrecerá información e imaxes sobre o conxunto arqueolóxico, descrición dos petróglifos máis importantes e rutas para coñecer o patrimonio rupestre do territorio. A páxina, que estará operativa proximamente, inclúe máis de duascentas fotos e información histórica e práctica do conxunto patrimonial do cinco concellos.

Petróglifo Devesa da Rula Santiago
Petróglifo Devesa da Rula Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta