Un millonario en Santiago grazas á Primitiva

Un boleto validado na Rúa do Vilar resultou premiado con case dous millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/09/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

O dono dun boleto da Primitiva validado en Santiago de Compostela percibirá máis de 1,8 millóns de euros ao ser o único acertante de Categoría Especial no sorteo celebrado este xoves, segundo informou Lotarías e Apostas do Estado.

O boleto gañador foi validado na Administración de Lotarías número 3 da citada localidade, situada no número 85 da Rua do Vilar. Como único acertante de Categoría Especial (seis acertos e o reintegro) e co premio acumulado de Primeira Categoría (seis números), o seu dono cobrará 1.816.854,56 euros.

Ademais, contabilizáronse outros dous boletos acertantes de Primeira Categoría, que foron validados na Administración de Lotarías número 3 de Torrevieja (Alacante) e no Despacho Receptor número 78.720 de Aranxuez (Madrid). Cada un deles percibirá 446.126,85 euros.

A combinación gañadora estivo formada polos números 3, 10, 11, 13, 19 e 31. O complementario foi o 40 e o reintegro, o 5. O 'Joker', cun premio unitario dun millón de euros, foi para o número 2819371 e a recadación do sorteo ascendeu a 12.193.332 euros.

La Primitiva
La Primitiva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta