Activos lumes en Monforte, no Parque Natural do Xurés e en Culleredo

Xa van mais de 1.100 hectáreas queimadas en catro día. O incendio de Ribeira, extinguido tras arrasar case 200 hecareas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido o incendio forestal que afectaba desde última hora do venres ao municipio coruñés de Ribeira e que, segundo as estimacións oficiais, afectou a unha superficie de 197 hectáreas.

En concreto, o lume comezou pasadas as 23,00 horas do venres na parroquia de Oleiros de Ribeira e, no seu avance, afectou tamén o municipio veciño de Porto do Son. O incendio deuse por extinguido sobre as 20,30 horas deste domingo e segundo as últimas estimacións, a superficie queimada é de 197 hectáreas, das que 160 foron arboredos e 37 de monte raso.

Na súa extinción participaron 25 axentes, 43 brigadas, 24 motobombas, dúas pas, nove helicópteros e cinco avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Artefacto incendiario
Artefacto incendiario | Fonte: Medio Rural

MONFORTE, ACTIVO

Entre os incendios forestais de dimensións importantes que aínda afectan a Galicia, o lume de Monforte de Lemos (Lugo), o máis grande da tempada, continúa controlado desde o mediodía do venres, tras afectar a 465 hectáreas de terreo.

Na extinción deste incendio, iniciado o pasado xoves na parroquia de Seoane, traballan tres técnicos, 15 axentes, 75 brigadas, 30 motobombas, seis pas, 16 helicópteros e seis avións.

OUTRO NO XURÉS

Tamén continúa controlado desde as 20,29 horas do venres o incendio de Lobeira (Ourense), iniciado na parroquia de San Xes de Vilariño o pasado xoves. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 150 hectáreas pertencentes ao Parque Natural do Xurés.

Pola súa banda, o lume que afecta á localidade de Culleredo permanece activo a esta hora da tarde despois de queimar 14 hectáreas. Fontes da Consellería de Medio Rural precisaron  que "evoluciona favorablemente" e o departamento espera dalo por estabilizado "en breves".

Este foco iniciouse este domingo ao fío das 16,15 horas e ata o lugar desprazáronse catro axentes, oito brigadas, seis motobombas, unha pa, tres avións e catro helicópteros para encargarse dos labores de extinción

Artefacto incenciario
Artefacto incenciario | Fonte: Medio Rural

Pola súa banda, o Concello de Culleredo emitiu un comunicado no que explica que a zona afectada trátase de monte baixo e que o propio alcalde, José Ramón Rioboo, contactou co 112 para solicitar axuda para a súa extinción.

SUMA DE HECTÁREAS QUEIMADAS

A suma das hectáreas queimadas durante esta vaga de lumes, dá un resultado que supera as 1.100. Así, sumando os lumes de Monforte (465), Fisterra (130), Cangas (5), Lobeira (150), Porto do Son (89,4), Muíños (10), Ares (11), Cenlle (45,91), Ribeira (175), Muíños-Zas (20,9) e Culleredo (14), o resultado serían 1.116 hectáreas queimadas. 

VÍDEO DO INCENDIO DE CANGAS

ARTEFACTOS INCENDIARIOS

Varios artefactos incendiarios apareceron en distintos puntos afectados polos incendios forestais rexistrados nas últimas xornadas e as autoridades detectaron a sospeitosos do lume rexistrado este sábado en Ribeira, que xa afecta a unha superficie de 150 hectáreas. Diso informou este sábado o conselleiro do Medio Rural, José Gonzalez, en declaracións aos medios durante a súa visita a unha das zonas afectadas polas chamas este sábado en Ribeira, na provincia da Coruña.

Na súa intervención, o titular do Medio Rural apuntou á intencionalidade da maioría dos lumes declarados na vaga de incendios que Galicia vive esta semana. "Esta noite, outra vez cando xa non poden actuar os medios aéreos, 16 novos incendios en Galicia no catro provincias, en diferentes puntos", censurou. Neste sentido, tras lembrar que o de Ribeira iniciouse ás 23,04 horas, informou de que a Policía Autonómica e os axentes forestais das brigadas de investigación, teñen xa a "sospeitosos".

Así, deixou claro que o de Ribeira non se trata dunha "reprodución" do lume de Porto do Son pero rexeitou dar máis datos sobre os posibles autores e o lugar de aparición dos artefactos para non interferir nas investigacións. "Con independencia dos motivos que pode ter algún dos que fai isto, calquera que nunha situación con estas circunstancias climatolóxicas planta lume pondo en perigo a vida das persoas e dos nosos bens, é un delincuente", subliñou.

DENUNCIAR AOS INCENDIARIOS

Ademais, o conselleiro fixo un chamamento á "concienciación" e animou aos veciños a denunciar aos incendiarios a través do 900 815 085. "O teléfono está a funcionar ben, se han incrementando o número de denuncias, que son anónimas e confidenciais", sinalou.

Por último, José González lembrou a importancia de que "estean limpas" as franxas da protección habilitadas ao redor das aldeas. Así, lembrou que a Xunta activou medidas para axudar aos concellos no cumprimento das súas tarefas en cuxo cumprimento serán "incisivos".

Incendio en Seoane, Monforte
Incendio en Seoane, Monforte | Fonte: @Incendiosgalic1 en Twitter.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 anonimo

Eu sou o anônimo do comentário 1. Reafirmo-me, os eucaliptos, e em geral todas as arvores de folha perene (aquelas arvores ás que lhes caem as folhas todo o ano) são gasolina para os lumes. Não é possível apagar esses incêndios, sejam provocados ou não. É certo os pobres eucaliptos não ardem sozinhos, o clube do rifle nos EEUU diz o mesmo das armas de fogo..., se não limitamos as plantações de eucaliptos (o monte abandonado cheio dei, carvalhos, vidoeiros não arde=) e arvores de folha perene estamos a perder o tempo ademais de pôr em sério perigo a vida das pessoas que vivam perto delas e das brigadas de extinção.

4 anonimo

Vale, os eucaliptos vailles ben o lume, pero os incendios estes de Galicia, a finais de verán, en tempo seco e con forte nordés son provocados. O monte non arde so. Os malditos eucaliptos non arden sos. En Monforte ( o incendio meirande polo de agora ) non hai prácticamente eucaliptos. ¿ E tan difícil de entender, ou vas seguir repetindo o mesmo rollo sempre, coma se en Galicia non houbese incendios provocados? A ver, dunha vez por todas: o monte, os eucaliptos ou as mimosas, na maioría das veces, non arden sos.

3 Egs21

"1 Anónimo” : despois de ollar os artefactos incendiarios, é inaudito o teu comentario. Ou vives nun universo paralelo, ou o teu discurso é unha ensoñación australiana. Os incendiarios galegos estarán felices co teu comentario. Mi madriña o que hai que ler!

2 Pitito

Todo rematara coas primeiras choivas. Xa o dixo Feijoo, a Xunta ten medios e esta preparada para facer fronte á situacion. Tranquilidade, como no de PEMEX, Alcoa...

1 anonimo

Quando aprenderemos? O importante não são as hectáreas queimadas, temos que saber que se temos eucaliptos e em geral arvores de folha perene só é questão do tempo meteorológico (calor, vento, etc) para que se produzam lumes. Na Austrália os eucaliptos também ardem e minguem se preocupa de tentar apagar os incêndios porque não é possível. A diferencia é que não estão em zonas habitadas, a pergunta na Galiza é, como com tudo o que se sabe permite-se seguir fazendo plantações (que não é uma semilha levada pelo vento) em lugares onde há casas sem nenhum tipo de corta lumes? Os montes e as leiras abandonadas não ardem tão facilmente porque tenhem uma variedade de espécies (a maioria autóctonas). Agora isso sim, a limpeza, com ameaças de multas de 3000 euros e a trama de incêndios só serve para esconder a desfeita médio ambiental que os novos terra tenentes estão a realizar na nossa terra.