Buscan un condutor que fuxiu despois de verse implicado nun accidente mortal en Ourense

Segundo apuntan os primeiros indicios, o accidente ocorreu cando dous coches aceleraron e un deles levou por diante a un motorista que tamén circulaba pola N-525.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2019 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A Policía Nacional busca ao condutor dun vehículo que se deu á fuga despois de verse implicado nun accidente que causou a morte a un motorista en Ourense.

Fontes deste corpo de seguridade confirmaron que os axentes investigan o sucedido e buscan á persoa que, xunto con outro coche, protagonizaron un accidente mortal o pasado sábado na estrada N-525.

En concreto, a Policía Nacional explicou que un dos vehículos circulaba pola vía nacional e o outro transitaba o carril de incorporación en paralelo. Segundo apuntan os primeiros indicios, o accidente ocorreu cando os coches aceleraron e un deles levou por diante a un motorista que tamén circulaba pola N-525.

O condutor da motocicleta morreu a causa do accidente, tiña 37 anos e era de nacionalidade portuguesa. Polo momento a investigación segue aberta para atopar á persoa que se fuxiu e esclarecer os feitos.

Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta