Arde unha vivenda en Taboadela e un garaxe en Ourense

Tras extinguir o lume e arrefriar a zona, os servizos de extinción confirmaron que se trataba dunha casa composta por un baixo e un piso, que ardeu na súa totalidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2019 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencias sufocaron nas últimas horas un incendio en Taboadela, Ourense. Segundo a información do 112 Galicia, sobre as 2,30 horas da madrugada recibiuse un aviso por unha vivenda que estaba a arder en Camiño do Pazo, no municipio ourensán de Taboadela.

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de San Cibrao, os membros do GES de Pereiro de Aguiar e a Garda Civil. Ademais, informouse ao 061-Galicia, aínda que finalmente non houbo persoas afectadas.

Tras extinguir o lume e arrefriar a zona, os servizos de extinción confirmaron que se trataba dunha casa composta por un baixo e un piso, que ardeu na súa totalidade. O teito da vivenda resultou moi danado por mor das chamas, pondo en risco de derrube a edificación. Ademais, resultaron afectadas o lume as vigas das casas lindeiras. A primeira hipótese apunta a que as chamas se orixinaron no cableado.

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Por outra banda, sobre as 2,00 horas tamén se alertaba de que se estaba producindo un incendio nun garaxe dedicado ao lavado de coches, situado na Avenida de Santiago, en Ourense.

Para este operativo foron mobilizados os Bombeiros da cidade, servizos sanitarios, axentes da Policía Local e Nacional e efectivos do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Unha vez extinguido o lume, os Bombeiros confirmaron que unicamente ardeu unha moto e que as chamas afectaron tamén a un coche situado nun elevador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta