Temas: NAVANTIA

Navantia presenta a súa proposta para construir tres buques loxísticos para Reino Unido cun socio británico

Navantia e BMT realizarán no marco da feira DSEI 2019, un encontro coa industria británica, "co obxectivo de involucrala neste proxecto, e mesmo para futuros programas".

Por E.P. | Ferrol | 10/09/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Navantia presenta cun socio británico, BMT, a súa proposta de deseño e construción de tres buques loxísticos para o Reino Unido, e faino no marco da feira DSEI 2019, que se celebra desde este martes, 10 de setembro, e ata o vindeiro venres, día 13, en Londres. As unidades terán como misión o aprovisionamento no mar dos buques que forman parte da Royal Navy, a Armada británica.

A presentación da proposta tivo lugar na propia caseta de Navantia, utilizando unha zona interactiva, que durará toda a feira, onde é posible coñecer as principais características do barco, así como as súas vantaxes.

Navantia achega neste concurso a súa experiencia na construción de buques de similares prestacións, xa materializados para a Armada Española e en fase de construción para a Armada de Australia, mentres que o seu socio, a británica BMT, achega "capacidades de deseño xa probadas, co que a proposta garante un mínimo risco e a entrega de buques de calidade no prazo establecido", segundo asegurou a empresa naval pública a través dun comunicado.

Navantia e BMT realizarán durante esta feira un encontro coa industria británica, "co obxectivo de involucrala neste proxecto, e mesmo para futuros programas". A cita será o 13 de setembro, a partir das 10.00 horas, e espérase que asistan case un centenar de empresas.

Entrada do estaleiro Navantia en Ferrol.. EUROPA PRESS - Arquivo
Entrada do estaleiro Navantia en Ferrol.. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: NAVANTIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta