Temas: INCENDIOS

Denuncian a "nula" cobertura de prazas do servizo de prevención e extinción de incendios en Ourense

O comité de empresa de Medio Rural carga contra o que considera trato "denigrante" da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Medio Rural en Ourense denuncia a "nula" cobertura prazas no servizo de prevención e extinción de incendios na provincia. Carga contra o que considera trato "denigrante" da Xunta, pois "deixa sen cubrir practicamente a totalidade de prazas baleiras do SPIF na provincia", unhas 50 prazas "tanto vacantes como non vacantes".

Terreo calcinado tras un incendio en Punta Couso, en Cangas
Terreo calcinado tras un incendio en Punta Couso, en Cangas | Fonte: © Miguel Núñez.

Así, o comité advirte de que hai prazas vacantes de xefe de cuadrilla, bombeiro forestal condutor motobomba, bombeiro forestal condutor, bombeiro forestal, prazas de persoal que pasou a unha segunda actividade.

Esta situación esta unida a baixas de longa, media e curta duración de "todas as categorías", o que implica que "varias brigadas, motobombas e casetas de vixilancia desta provincia estean algúns días inoperativas por falta de persoal".

Por iso, o comité considera que é "urxente e imprescindible" cubrir o "cento por cento" destas prazas dun servizo "imprescindible" para a poboación.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta