Ana Miranda ve como un "gran erro" a falta dunha carteira específica de pesca na Comisión Europea

A europarlamentaria lembrou que "nos anos de existencia da comisión sempre houbo un comisario ou comisaria de pesca", pero asegurou que as competencias deste cargo "fóronse diluíndo coas de medioambiente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Europa, Ana Miranda, tachou de "gran erro" que a Comisión Europea non inclúa unha carteira específica de pesca.

Así o indicou Miranda, a través dun comunicado de prensa, tras coñecer a proposta da recentemente nomeada presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, na que non se contempla este departamento.

"Que non exista unha carteira específica de pesca, senón relacionada unicamente coa cuestión dos océanos pode diluír o peso da pesca e o seu valor social", criticou a portavoz nacionalista.

Miranda lembrou que "nos anos de existencia da comisión sempre houbo un comisario ou comisaria de pesca", pero asegurou que as competencias deste cargo "fóronse diluíndo coas de medioambiente".

A portavoz do BNG en Europa defendeu que esta actividade "ten un valor incalculable" e que a omisión desta carteira "pode afectar de forma considerable á importancia dos asuntos pesqueiros en Europa e especialmente para o sector galego".

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, tacha de 'gran erro' que non exista unha carteira de Pesca na Comisión. BNG
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, tacha de 'gran erro' que non exista unha carteira de Pesca na Comisión. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xian do Sil

Anita, outra profesional da política moi ben remunerada. Made in UPG