A Universidade de Santiago, entre as 125 mellores de Europa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A clasificación 'Times Higher Education' (THE) sitúa á Universidade de Santiago de Compostela (USC) como unha das mellores institucións de Europa. A clasificación ten en conta a dimensión docente e formativa dos centros, aspecto que permitiu situar a universidade compostelá no intervalo 101-125.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

A mesma institución tamén realizou unha clasificación mundial no que, de entre 1.400 centros de 92 países, incorpora a Universidade de Santiago de Compostela no intervalo 601-800.

A lista de THE elabórase a partir de máis de 30.000 enquisas realizadas a estudantes universitarios, tamén ten en conta "idoneidade" dos medios utilizados polas universidades, as canles de comunicación e a capacidade de impartir docencia "de forma efectiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta