Temas: PESCA

Todo o Parlamento reclama medidas para que se garanta o dereito ao voto dos mariñeiros

Foi aprobada a iniciativa do Grupo Común da Esquerda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha medida do Grupo Común da Esquerda na que insta á Xunta a dirixirse ao Estado para que adopte as medidas "oportunas" co fin de garantir o dereito ao voto dos mariñeiros embarcados en frota de altura e mariña mercante.

Comisión de Pesca
Comisión de Pesca | Fonte: Europa Press

Na comisión de Pesca, a deputada Paula Quinteiro apuntou que "é urxente que se solucione este problema de falta de democracia", xa que "segue habendo colectivos con dificultades" para votar.

Lamenta que esta problemática se trata de falta de "vontade política" por parte do PP e PSOE, pois "din estar de acordo para que saian titulares dicindo que o apoian, pero cando están no goberno e teñen posibilidade de facer algo non fai ningún esforzo por solucionalo".

Neste sentido, a deputada de Común da Esquerda censura que, a pesar de haber varias iniciativas aprobadas durante ano no Congreso e o Parlamento galego, segue existindo esta "discriminación" para preto de 10.0000 traballadores afectados.

Temas: PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta