O Concello da Coruña adoptará medidas xudiciais para reclamar a Casa Cornide, en mans dos Franco

Apoio por unanimidade a que o goberno coruñés se some á demanda polo Pazo de Meirás.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2019 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A corporación municipal da Coruña aprobou, por unanimidade, unha moción do BNG na que se solicita que o Consistorio interpoña unha demanda xudicial para reclamar a restitución ao concello herculino da titularidade da Casa Cornide, propiedade agora da familia do ditador Francisco Franco.

Casa Cornide na Coruña
Casa Cornide na Coruña | Fonte: Zarateman en Wikipedia.

A mesma moción insta o goberno coruñés a que a administración local compareza como "parte interesada" na demanda formulada pola Avogacía do Estado para "recuperar" o Pazo de Meirás.

A esta moción presentáronse dúas emendas, unha por parte de Marea Atlántica que o BNG aceptou para expor que se faga partícipe das xestións ao Consello da Memoria Democrática, e outra do PP, que non saíu adiante.

Por unanimidade, como ocorreu con outros asuntos nos que foi o primeiro pleno ordinario da nova corporación, tamén se deu luz verde a unha moción dos nacionalistas expresando o apoio aos traballadores de subcontratas de R contra a deslocalización. Ademais, aprobouse, coa única abstención de Ciudadanos, unha moción presentada polo PP sobre o uso dos terreos portuarios da cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eufloto

É todo tan disparatado que eu ás veces floto. En primeiro lugar, a casa non é dos Franco. Teñen un dereito de uso perpétuo ¿Vanlle esixir ao propietario que vaia a preito cos Franco para anular ese dereito perpetuo? ¿E iso como se fai? É toda unha película para distraer á xente e que non se fixe no que non fan ou fan mal os nosos políticos, bah