Por Europa Press / Redacción | A Estrada | 12/09/2019 | Actualizada ás 19:39
Un incendio no municipio da Estrada (Pontevedra), na parroquia de Loimil, obrigou esta tarde de xoves a cortar a estrada N-525 polo fume á altura de Abades, no Concello de Silleda. Segundo informa a DGT, o corte produciuse desde as 17,52 horas e pasadas as 19,00 continuaba sen abrirse a vía no quilómetro 315 en ambos os sentidos.
Pola súa banda, a Consellería de Medio Rural explicou que o lume se declarou ás 17,07 horas, pero está controlado desde as 18,24 horas tras queimar 0,7 hectáreas.
Nas tarefas de extinción destes lumes traballaban tres helicópteros, dous avións, dous axentes e sete brigadas, entre outros medios.
OUTROS LUMES
Este xoves rexístranse outros lumes en Galicia, neste caso tres conatos nos municipios de Ribeira (A Coruña), Palas de Rei (Lugo) e Ponteareas (Pontevedra).
O lume de Palas, na parroquia de San Miguel de Coence, xa extinguido desde as 18,11 horas --comezou ás 17,04 horas--. A superficie queimada é de 0,10 hectáreas.
En Ribeira, na propia parroquia de Ribeira, o lume iniciouse ás 16,43 horas e está controlado desde as 17,38 despois de arder 0,45 hectáreas. En Ponteareas, na parroquia de Angoares, tamén quedou controlado un incendio ás 19,05 despois de comezar ás 17,32 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.