Veciños de Teo alertan que só queda unha semana para presentar alegacións contra as obras en Casalonga

A Xunta de Galicia non recoñece a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos como parte interesada, o que obriga aos veciños a persoarse de maneira individual.

Por Galicia Confidencial | Teo | 13/09/2019 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Arredor de douscentos veciños se reuniron este xoves nunha sesión informativa sobre as obras que a empresa Toysal quere acometer na antiga canteira de Casalonga. Ditas obras, segundo a empresa, serán de restauración, mentres que asociacións de veciños e outros colectivos consideran que é “un vertedoiro encuberto”.

Reunión informativa Casalonga Limpa de Residuos
Reunión informativa Casalonga Limpa de Residuos | Fonte: Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Durante a sesión informativa anunciouse que a data límite para presentar alegacións ao proxecto é o 20 de setembro. Ao non recoñecer o goberno galego á Plataforma Casalonga Limpa de Residuos como parte interesada, os veciños e veciñas deberán presentar as alegacións de maneira individual. Así, durante a reunión informativa repartíronse modelos do documento para que cada quen presente a súa alegación.

“Non hai por que ser veciño de Teo ou Ames, calquera habitante de Santiago, Padrón ou de onde queira pode alegar contra o plan de restauración en materia de medio ambiente” din desde a Plataforma. “O argumento de que se vai a arrasar coa fauna e flora alí existente xa é suficiente para calquera persoa, independentemente de onde viva”.

Por outra parte, tamén explicaron que  “O expediente aberto da caducidade mineira na canteira da Casalonga non impide que Toysal poda empezar mañá mesmo coas voladuras e o baleirado da lagoa”.

O prazo para alegar remata este venres 20 de setembro.  informan dende a plataforma. Finalmente hai que entregalo en prazo en calquera rexistro (do concello, da xunta) ou por correo. A plataforma orientou sobre posibles alegacións, desde cheiros a dous quilómetros da casa, persoas con enfermidades pulmonares e outros alegatos.

Tamén se comunicou a intención da plataforma de “recorrer a resolución na que a Xunta non lles permite personarse no expediente de Toysal”, e animaron a toda a veciñanza e asociacións da comarca a personarse, tal e como dixo no parlamento o Director Xeral de Enerxía e Minas, Bernardo Tahoces. “Aínda que a plataforma non poda personarse, calquera veciño individualmente pode facelo”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta