Un acusado por estafa nega ter enganado a unha muller para quedar coa casa en Carballo

A Fiscalía relata que o sospeitoso, co que contactou a afectada para pedirlle un préstamo, aproveitouse da dificultade da muller para entender conceptos complexos.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/09/2019 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

Un home acusado de enganar a unha muller en Carballo (A Coruña) para facerse coa propiedade dunha casa e unha parcela por valor de 31.500 euros, moi por baixo do seu valor (taxado en 351.320 euros), defendeu a legalidade da compra e nega enganar á muller.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolleu este luns a primeira sesión do xuízo contra o home para quen a Fiscalía solicita catro anos de cárcere por un delito de estafa agravada.

A Fiscalía relata que o sospeitoso, co que contactou a afectada para pedirlle un préstamo, aproveitouse da dificultade da muller para entender conceptos complexos. Con todo, ante o tribunal, o home explicou que foi a muller quen o chamou para "ofrecerlle unha propiedade para vender". "Xamais me pediu un préstamo", asegurou o home, que rexeita así a tese da vítima, que declara que chamou a este home para "pedirlle un préstamo" para facer fronte ao pago duns mobles, por valor de 15.000 euros.

O procesado explicou como que o proceso de compra das dúas propiedades -casa e parcela- polas que a muller solicitaba nun principio 80.000 euros. "Eu díxenlle que non dispuña dese diñeiro e ofrecinlle 30.000 euros", explica este home que insiste en que "nunca houbo un préstamo" e que o proceso se limitou á compra destas propiedades.

A compra realizouse, segundo explicou este home, a través dun contrato de opción a compra. Así, nun primeiro momento o home daríalle unha cantidade que roldaría os 15.000 euros e, catro meses despois, pagaríalle a cantidade restante, algo máis de 16.000 euros.

Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta